domingo, 26 de maio de 2013

Novo blog Cita Vigo Arte


Xa levábamos moito tempo falando deste poxecto e por fin tiven un ratiño para darlle forma. Os alumnos/as e ex-alumnos do Bacharelato de Artes Escénicas estades metidos nun montón de proxectos fora do IES Alexandre Bóveda de Vigo. O Conservatorio, Escolas de danza, grupos de teatro, coros, bandas, grupos de música ... E o resultado de tanta actividade é un gran número de actuacións, representacións, audicións, ...

Este blog pretende ser unha recopilación de tanta incesante actividade co propósito principal de funcionar coma unha axenda para qué todo o que queira asistir a velas teña un sitio de referencia para informarse. Así mesmo proporcionará un nexo entre alumnos de diferentes xeracións que pode dar lugar a diferentes colaboracións entre vos mesmos.

Ninguén mellor que vos para saber cando teredes actuacións así que tendréis que ser vos mesmos os encargados de realizar os anuncios das vosas interpretacións públicas. Para ello podéis enviar unha mensaxe ao correo:

                     julencan.civiar@blogger.com



Gardade a direccion e tédela a man. As mensaxes que enviéis convertiranse en entradas do blog cando as supervise, para evitar errores etc. Polo que tenredes que enviar a información con certa antelación. As entradas deberían incluir unha foto vosa, do cartel da actuación ou do voso grupo, e os datos completos da cita, lugar de celebración, etc...


O blog está agora mesmo valeiro e bastante soso pero si colaborades coa iniciativa irá mellorando progresivamente. A dirección é:


                       http://citavigoarte.blogspot.com.es/


Se vos facedes seguidores recibirédes a información comodamente cada vez que se publique unha nova cita sin ter que estar revisándoo.


Espero que colaboredes con esta iniciativa posta a vostro servicio, por que o público como sabedes é unha parte fundamental no feito artístico e é o que se pretende reforzar con este traballo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario