domingo, 9 de xuño de 2013

O Conde Ory

A adaptación da Opera de Rossini, no IES Alexandre Bóveda.

É una Opera cómica de Gioachino Rossini con libreto en francés basado no vodevil Le Comte Ory do ano 1.817, inspirado a súa vez nunha balada medieval. Estreouse no Teatro da Academia Real da Música de Paris o 20 de agosto de 1.828. 

Parte da música procede da súa anterior Opera “A viaxe a Reims” creada tres anos antes para a coroaciónde Carlos X. Trata unha historia humorística, incluso pura farsa. Nembargantes non se pode considerar que pertenezca propiamente ao xénero contemporáneo da opera comique xa que ao contrario das óperasdeste xénero, xeralmente formadas por números líricos cortos e diálogo faladoO Conde Ory está formado por altamente desenroladas e incluso macizas formas musicais unidas por recitativo acompanado”, (Holden, p. 793). Nos imos recuperar algún diálogo na nosa versión desta Ópera que principalmente consiste nunhaadaptación do primeiro acto.

En París “Le Comte Ory” estuvo no repertorio vinte anos consecutivos declinando despois cando aesistencia dunha nova escola de canto fixo prácticamente imposible atopar un tenor que asumira o papel protagonista. En Italia  o público do s. XIX  non aprecióu a lixereza, a gracia afrancesada, nin sobretodo aambiguedade e a amoralidade desta Ópera. Na actualidade O Conde Ory está totalmente revalorizada polacrítica pero sigue sen ser una das Óperas máis famosas de Rossini pese a súa elevada calidade musical, de gran coloratura, e ao seu divertido argumento.

COLABORACIÓNS

Agradecer finalmente a colaboración de moitos/ascompañeiros/as e alumnos/as que axudaron a pulir esta pequena xoia. Rosa Bea e Luz Valencia crearon da nada un fantástico vestuario que foi completado con algunha creación realizada polos/as alumnos/as dos Ciclos Formativos de Confección no CIFP Manuel Antonio de Vigo. As compañeiras mencioadas e Mercedes () esmeráronse tamén co atrezzoVictor (de Debuxo) e a alumna () crearon o precioso Castelo donoso decorado e Daniel (de Tecnoloxíalevantou unha práctica ponte levadiza. O Equipo Directivo tamén colaborou activamente organizando todos os aspectos nos que a montaxe entorpecía o normal desenvolvemento das clases.

 

ADICADO


Adicamoslles estas representacións a todas/os as/oscompañeiras/os profesoras/es do Centro que participan na plataforma “Marea Verde Vigo” e que adican o seu tempo de lecer a explicar e a denunciar a involución que supón a nova lei LOMCE que impón o governo. Esta Lei crea ferramentas para favorecer o ensino privado e desacreditar mermar o servizo público. Na LOMCE se prima a competitividade e relixión e se desprecia a realización persoal ou calqueira forma de arte. A LOMCE pretende educar de xeito diferente aos cidadáns dependendo da súa capacidade económica; os que teñan cartos poderán acceder a Educación Universitaria e os demais recibirán unha formación para ser traballadores adoctrinados sen capacidade crítica. Por estas razóns, e moitas máis, nos decimos: NON A LOMCE!.